Todo listo en Soutomaior para a XXXVII Festa da Ostra, a cita lúdica por excelencia do municipio, que se celebra esta fin de semana en Arcade.
O alcalde, Manu Lourenzo; a concelleira de Hostalería, Rosana Comesaña; o concelleiro de Urbanisno, Pablo Garrido; e a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, fixeron este venres unha visita á carpa xa instalada na zona do peirao para ultimar todos os detalles.
Esta 27 edición confirmará a intención municipal de sumar a Festa da Ostra ao programa ‘Soutomaior Inclusivo’. Xa se estrearon en 2024 e confirman este ano.
Desta maneira, durante toda a fin de semana, haberá no recinto da festa dun punto de apoio permanente que prestará axuda ás familias con menores con diversidade funcional. Estará situado a carón do dispositivo sanitario e de seguridade.
A organización prestará cascos antirruído para que poidan gozar da zona de recreativos e da tirada de foguetes.
Ademais, na zona de recreativos haberá horarios ‘sen ruído’. As atraccións serán silenciosas este venres 4 de abril de 18:00 a 19:00 horas; o sábado 5, de 12:00 a 13:00 e de 18:00 a 19:00; e o domingo , de 13:00 a 14:00 e de 18:00 a 19:00. Tamén o luns, Día do neno e da nena, haberá silencio de 17:00 a 18:00 horas.
As nenas e nenos que teñan a pulseira de 'Soutomaior Inclusivo' ou a tarxeta de discapacidade terán prioridade de acceso ás atraccións sen necesidade de facer cola.
Tamén a carpa principal estará adaptada cunha plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan gozar de maneira cómoda e accesible e habilitarase un aparcadoiro específico xunto á rotonda da Ostreira.
Dentro da filosofía de inclusión social, durante a lectura do pregón o domingo, haberá unha persoa intérprete de lingua de signos.

PUNTO LILA E FESTA SOSTIBLE
A festa tamén contará coPunto lila de atención e prevención de violencia de xénero. Estará operativo este venres 4 de 20:00 a 01.00; o sábado, de 12.00 a 15.00 e 19.00 a 02.00; e o domingo, de 12.00 a 20.00 .
Por primeira vez, a festa tamén forma parte do Plan de Sostibilidade das Festas de Galicia Suroeste e contará con brigadas de sensibilización medio ambiental nas zonas de maior afluencia.
O horario destas brigadas será o venres e o sábado de 23.00 a 01.00 horas.
Na festa haberá colectores para separar os residuos por todo o recinto. Na carpa central tamén haberá illas de reciclaxe específicas para papel, plástico e orgánico.
PROGRAMACIÓN
Este venres haberá actuacións das orquestras América de Vigo e da París de Noia a partir das 22:00 horas.
O sábado a festa continuará coa apertura das casetas ás 12:00 horas e pola noite actuarán as orquestras Olympus e Kubo e haberá tirada de fogos de artificio ás 00.00 horas.
O domingo as casetas abrirán ás 11.00, ás 12 actuará o grupo de jazz Fernando Sánchez Jazz Cuartet e ás 13:00 terá lugar a lectura do pregón a cargo do contador de historias e monologuista Celso Fernández Sanmartín, Celsiño. Pola tarde actuará 'Festicultores Troupe' a partir das 18:00 horas.