A Garda Civil de Pontevedra celebra durante estes días, a festa da súa patroa, a Virxe do Pilar, con diversos actos relixiosos e castrenses, aínda que para moitos o preferido é a festa infantil que se celebra na Comandancia.
É xa toda unha tradición. Nos anos setenta, cada 12 de outubro, o patio da casa cuartel de Loureiro Crespo acollía unha orquestra e montábase un gran guateque.
Este venres o edificio da Barca viuse invadido de inchables, xogos e música de moda. Os nenos tan só pararon de xogar á hora da merenda.
A esta festa non só acoden os fillos dos axentes da Garda Civil, tamén van os seus amigos para gozar todos xuntos esta xornada tan especial.
Houbo incluso un sorteo onde o agasallo estrela foi unha bicicleta.