O domingo 28 de xaneiro, na contorna do Pazo da Crega, celebrarase a Festa do Cocido e terá un mercado artesanal.
Os concelleiros José Sanmartín, Rocío Touriño e Lía Rodríguez, xunto cos representantes da Asociación San Breixo, José Pulleiro e Jorge Búa, presentaron este martes as actividades.
Trátase da III edición da Festa do Cocido, organizada dende o colectivo veciñal, á que desta volta se incorpora un mercado artesanal que abrirá as súas portas, baixo carpa, ás 11 da mañá. Nel poderanse adquirir productos de artesanía en madeiras nobres, coiro e vinilo, cosmética natural, xoguetes tradicionais, xoiería de autor, ou licores e viños, entre outros.
Pero ademáis, o mercado tamén incluirá alimentación gourmet, así como exhibicións de cociña e un camións de comida vegana. Todo elo ambientado en sesión vermut dende as 12.30, coa música de Dani Barreiro.
"Quixemos ampliar o concepto da Festa do Cocido dándolle un novo pulo e convertindo un xantar veciñal organizado pola asociación nunha festa gastronómica, complementado cun mercado artesanal que será preludio da habitual Feira dos domingos pola tarde que estamos intentando recuperar neste mandato", explica o tenente de alcalde José Sanmartín.
En canto á Festa do Cocido, celebrarase a partir das 14.30 nunha carpa na explanada da Crega. O menú incluirá sopa, cocido completo e bolo con pote a un prezo de 28 euros adultos e 12 euros menores. É necesario reserva previa nos teléfonos 620 587 473 e 635 533 597.