Fernando Molina cumpre 101 anos e regresa ao Concello para celebralos co alcalde

Pontevedra
05 de marzo 2019

Fernando Molina, o enxeñeiro forestal de máis de 100 anos, volveu ao  Concello para recibir unha nova homenaxe que lle ofreceu o alcalde de Pontevedra

Fernando Molina na visita ao Concello para celebrar os 101 anos
Fernando Molina na visita ao Concello para celebrar os 101 anos / Victoria Regueira

Durante a mañá deste martes, Fernando Molina acudiu ao Concello para reunirse co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que un ano máis lle fixo unha homenaxe no que lle obsequiou cun ramo de flores para celebrar os 101 anos.

Nacido en Pravia, Asturias, e tras máis de 70 anos vivindo en Pontevedra, está contento de seguir gozando da cidade galega. Estivo 14 anos en Madrid e en 1947 veu a Galicia para incorporarse ao servizo militar. Foi o primeiro director do Instituto de Investigacións Forestales de Lourizán. Unha vez que se xubilou, pasou a ser o presidente da Asociación Forestal de Galicia ata os 82 anos.

Acompañado por Margarita, a súa muller, e o seu fillo, Fernando mostrouse moi contento de volver asistir ao Concello a celebrar os seus máis de 100 anos co alcalde co que estivo a conversar durante un longo tempo.