Que se sobresea o procedemento sancionador e se arquiven as actuacións, sen máis trámite. ÿ a petición que fai o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, á Xunta Electoral de Zona. ÿ a conclusión do recurso presentado ante o expediente sancionador aberto contra el por criticar os recortes realizados pola Xunta de Galicia e o Goberno central nunha xuntanza con axentes sociais o pasado 11 de setembro.
Ante a resolución da Xunta Electoral Provincial, que cualificaba esa xuntanza como un incumprimento da Lei Orgánica de Réxime Electoral (LOREG) ao organizar un acto de carácter electoral antes do inicio da campaña, Miguel Fernández Lores responde que os feitos denunciados non constitúen infracción electoral algunha e xustifícao mediante tres alegacións.
A máis importante é que, segundo o alcalde, contra o que prohibe a LOREG, esta xuntanza ou as manifestación recollidas na prensa non foron unha presentación dunha "campaña de logros, unha inauguración nin se utilizaron imaxes coincidentes coas utilizadas na campaña electoral", da que recorda que non estaba "daquela aínda nin sequera iniciada".
"Non estabamos alí para vender contratos con PEMEX (...) senón intercambiando opinións cos representantes dos diversos colectivos sociais da cidade"
"Esta alcaldía está preocupada pola situación económica da cidade por mor da situación económica xeral e as políticas que dende o Estado se viñan de aprobar así como polos concretos efectos no comercio local ou na función pública", explica Fernández Lores. Asegura polo contrario que "non estabamos alí para vender contratos con PEMEX nin logros de accesibilidade dos colexios electorais por administracións incompetentes na concreta materia electoral, senón intercambiando opinións cos representantes dos diversos colectivos sociais da cidade".
O alcalde asegura ademais que o denunciante (o Partido Popular) "tal e como ten acontecido en múltiples intentos de xudicialización da vida municipal, afánase no seu recurso en malabares e enxeñerías interpretativas, retorcendo a norma para xustificar o inxustificable e ver o que non hai".
Por último, Miguel Fernández Lores destaca que a celebración deste acto estaba previsto desde o mes de xullo, antes do anuncio e da convocatoria electoral, o que demostra segundo el "a ausencia de connotación electoral e mala fe". Ademais, alega que está "moi preocupado coa situación económica actual e a política de recortes" e anuncia que volverá a convocar no futuro aos axentes sociaies "as veces que faga falta".
No recurso, Fernández Lores afirma que "infrinxe máis o espírito da LOREG e ten moitas máis connotacións electoralistas" a publicación en prensa das denuncias e recursos perante a Xunta Electoral por parte do Partido Popular, "ou o anuncio da aprobación do ARI do Centro Histórico feita por el, en plena campaña, antes mesmo de que a comunicación administrativa chegase ao Concello".
"Chegados a este punto só resta opinar que calquera outra decisión distinta do sobresemento e arquivo conlevaría ao absurdo de ter que suspender en cada
período electoral a actividade política e administrativa do goberno municipal", conclúe o recurso presentado polo alcalde.