Nas últimas horas rexistráronse dous atropelos nas localidades de Cambados e Vilagarcía.
No caso da vila do Salnés a vítima foi un home de 80 anos, de iniciais F.G.V., que resultou golpeado este venres por un coche nun paso de peóns de Catro Camiños
Segundo informaron fontes municipais o ferido presentaba un traumatismo nunha perna e foi trasladado ao un centro sanitario.
O segundo suceso tivo lugar na Laxe sobre as 21.30 horas do xoves. O ferido é R.R.L., un veciño de Vilagarcía de 37 anos.
O vehículo implicado no sinistro deuse á fuga e foi localizado en Pontevedra.