Un veciño de Meaño de 27 anos resultou ferido este sábado tras sufrir un accidente de tráfico.
Segundo informou Emerxencias de Cambados, o sinistro tivo lugar na autovía do Salnés (AG-41), á altura da saída cara a Cambados e Ribadumia.
O mozo, de iniciais E. G. D. ía conducindo o vehículo e saíuse da vía por causas que se descoñecen. Foi evacuado ao Hospital do Salnés con dor cervical, dor nas pernas, dor torácica e unha posible fractura na clavícula dereita.
Na mesma madrugada, os efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén tiveron que intervir noutro accidente de tráfico en Dena (Meaño).
Neste caso a condutora do vehículo non precisou asistencia sanitaria.