Un home de 48 anos resultou ferido ao ser atropelado no Nacional 550 ao seu paso por Vilaboa.
O suceso produciuse minutos antes da unha da madrugada deste mércores, á altura do quilómetro 130, preto do cruzamento onde se encontra o almacén de Merkamueble.
Segundo explica o 112, o aviso chegou de parte dun particular, que alertaba dunha persoa gravemente ferida na vía.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e 061, trasladando estes últimos ao ferido nunha ambulancia medicalizada ao Hospital Xeral de Vigo.
Posteriormente produciuse outra chamada ao Centro de Emerxencias alertando dun accidente na mesma estrada e que se precisaba asistencia sanitaria, comprobando o 112 que se trataba do condutor do vehículo implicado no atropelo.