Un camioneiro que circulaba co seu camión pola N-541, á altura de Viascón, resultou ferido dunha pedrada.
Segundo informou o 112 alguén lanzou unha pedra desde unha ponte, golpeou ao camión e o camioneiro resultou ferido.
O suceso tivo lugar en Cerdedo-Cotobade sobre as 08:30 horas deste venres.
O condutor ferido foi trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil.
COLISIÓN ENTRE DOS COCHES
Tamén no concello de Cerdedo-Cotobade houbo este venres unha colisión entre dous turismos cunha persoa ferida e atrapada no interior dun deles.
No momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban pola N-541, á altura do desvío de Serrapio. O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 11:00 horas da mañá, a través da chamada de varios alertantes.
Finalmente, segundo se lle informou ao 112 Galicia, a persoa foi liberada do interior dun dos turismos polos Bombeiros do Deza e os membros do GES da Estrada. O persoal sanitario encargouse da evacuación do ferido.