O condutor dun camión resultou ferido leve nun accidente de tráfico rexistrado este martes na vía rápida entre Sanxenxo e A Lanzada.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o vehículo saíuse da vía por un posible fallo mecánico.
O sinistro tivo lugar pouco antes das 16.00 horas.
O accidente obrigou a cortar un carril de circulación á altura da saída de Portonovo en dirección a Sanxenxo.
Efectivos de Emerxencias axudaron a saír da cabina ao condutor, segundo informa o Concello de Sanxenxo. Tamén interviñeron efectivos da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico e Atestados.