Unha persoa resultou ferida este mércores nun accidente cun motocultor en Vilanova de Arousa.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, sucedeu sobre as 14.00 horas no lugar de San Simón, en Baión, en Vilanova.
A persoa ferida realizaba tarefas agrícolas co motocultor nunha finca da súa propiedade cando sufriu o accidente. Unha perna quedoulle atrapada entre a máquina e un muro.
Desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Vilagarcía, á Garda Civil, á Policía Local e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Vilanova.
Os bombeiros liberaron esta persoa e, a continuación, foi trasladada nunha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.