Ferido leve un condutor que chocou contra un farol en Cambados

O Salnés
26 de agosto 2024

O sinistro rexistrouse sobre as 3.30 horas da madrugada do domingo ao luns na estrada PO-300 en Vilariño. No accidente, o vehículo chocou contra un farol da iluminación pública e causoulle importantes danos. Saltou o airbag e o condutor sufriu queimaduras

Accidente en Vilariño
Accidente en Vilariño / Emerxencias de Cambados

Un veciño de Ribadumia de 21 anos resultou ferido a pasada madrugada nun accidente de tráfico en Cambados. 

O sinistro rexistrouse sobre as 3.30 horas da madrugada do domingo ao luns na estrada PO-300 en Vilariño. 

No accidente, o vehículo chocou contra un farol da iluminación pública e causoulle importantes danos.

Como consecuencia do impacto, saltou o airbag e o condutor sufriu queimaduras, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados. Realizáronlle curas polas queimaduras.

Na intervención colaboraron Emerxencias e a Garda Civil de Trafico.