Feridas dúas persoas nunha espectacular colisión en Bamio

O Salnés
23 de agosto 2017

O impacto producíase entre un furgón e un turismo, que envorcou deixando a unha das vítimas atrapada no interior. Os equipos de emerxencia tiveron que intervir para liberala

Accidente en Bamio, Vilagarcía de Arousa
Accidente en Bamio, Vilagarcía de Arousa

Na tarde deste mércores rexistrábase un aparatoso impacto entre un furgón e un turismo en Vilagarcía de Arousa, que se saldaba con dúas persoas feridas, segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia.

Como consecuencia do impacto, o turismo envorcaba e unha das vítimas quedaba atrapada no interior. Os efectivos de emerxencia tiveron que intervir para liberala.

Os feitos sucedían no quilómetro 14 da PO-548, na estrada que conecta Catoira con Vilagarcía, á altura de Bamio. Varias persoas deron a alarma e informaban do sinistro ao 112 Galicia ao redor das 15.10 horas.

As dúas persoas feridas foron evacuadas polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. O persoal de Centro Integrado de Atención ás Emerxencias que informou enseguida ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Salnés, que se desprazaron ao lugar cun equipo de excarceración.

Tamén se informou ao servizo de Emerxencias de Vilagarcía, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.