Feridas dúas persoas nunha colisión frontal entre dous turismos en Moraña

Umia
04 de abril 2013

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión frontal entre dous turismos rexistrada este xoves no municipio de Moraña. O accidente tivo lugar sobre as 12.20 horas ao colidir de xeito frontal dous coches na estrada de Moraña a Cuntis, ao pasar o lugar de Souto, segundo os datos facilitados polo 112

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión frontal entre dous turismos rexistrada este xoves no municipio de Moraña.

O accidente tivo lugar sobre as 12.20 horas ao colidir de xeito frontal dous coches na estrada de Moraña a Cuntis, ao pasar o lugar de Souto, PO-226 no quilómetro 3, segundo os datos facilitados polo 112.

Ao lugar, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 desprazou dúas ambulancias asistenciais que trasladaron a dúas persoas feridas ao hospital pontevedrés Miguel Domínguez.