Ferida unha persoa tras bater un coche e un camión en Vilaboa

Vilaboa
06 de xullo 2017

O CAE 112 Galicia informou este xoves que unha persoa resultou ferida ao quedar o coche no que circulaba debaixo dun camión no termo municipal pontevedrés de Vilaboa

O CAE 112 Galicia informou este xoves que unha persoa resultou ferida ao quedar o coche no que circulaba debaixo dun camión no termo municipal pontevedrés de Vilaboa.

O accidente tivo lugar na estrada que une a ponte de Rande con Vilaboa, no enlace con Santa Cristina.

Un particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia pasados uns minutos das 7:30 horas. Sinalaba que a vítima puido saír do coche polos seus propios medios.

Nese momento, desde o CAE 112 Galicia poñíase a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, 061-Urxencias Sanitarias, Protección Civil da localidade e Bombeiros do Morrazo.