Unha muller de mediana idade resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital este luns tras verse implicada nun accidente de circulación na zona urbana de Caldas.
O accidente produciuse pasadas as 13.45 horas na confluencia entre as rúas Juan Fuentes e Dolores Mosquera de Caldas e, segundo fontes de Protección Civil da localidade, consistiu na colisión entre dous vehículos, un turismo e unha furgoneta.
Ao lugar do sinistro acudiron efectivos da Policía Local e Protección Civil de Caldas e Protección Civil de Vilagarcía. Esta última agrupación mobilizou unha ambulancia que se encargou do traslado da muller ferida.