Unha muller de 57 anos tivo que ser trasladada ao Hospital dO Salnés tras verse implicada nun accidente de tráfico ocorrido na tarde deste venres, na VG-4.3 ao seu paso por Cambados.
O sinistro produciuse tras a colisión entre un turismo e unha furgoneta.
Foi necesaria a intervención do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e a Garda Civil de Tráfico, que tivo que regular a circulación na zona.
A condutora, identificada como R.M.M.C., foi atendida na propia vía de alta capacidade que une Cambados con Vilagarcía polo persoal sanitario dunha ambulancia do 061.
Posteriormente, os servizos sanitarios procederon á súa evacuación ao centro hospitalario para unha valoración máis exhaustiva, segundo indican os servizos de Emerxencias.
A Garda Civil de Tráfico investiga as causas do sinistro.