Ferida unha muller nun accidente entre un camión e dous turismos en Vilagarcía

Arousa
04 de novembro 2024

O camión transportaba diferentes gases, aínda que afortunadamente a súa carga non resultou afectada

Unha ambulancia medicalizada do 061 acudiu ao lugar do accidente de tráfico
Unha ambulancia medicalizada do 061 acudiu ao lugar do accidente de tráfico / Xunta de Galicia - Arquivo

Unha muller resultou ferida nun accidente rexistrado este luns entre un camión e dous turismos en Vilagarcía.

Segundo informou o 112, o camión transportaba diferentes gases, aínda que afortunadamente a súa carga non resultou afectada.

O sinistro tivo lugar pasadas as doce da mañá na VG-4.3, no quilómetro aproximado 7, ao seu paso por Sobrán, en Vilagarcía de Arousa.

Un particular alertou ao 112 dunha colisión entre un camión e dous coches, a maiores, comentaba que o camión estaba a perder combustible.

De inmediato solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ribadumia, do servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.

A muller foi atendida polo Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.