Fenosa investirá máis de 380.000 euros para dotar as parroquias de Barro de dobre suministro eléctrico

Barro
07 de outubro 2021

As obras consistirán no soterramento da liña desde o transformador do lugar da Porriña ata o transformador do lugar de Piñeiro, na Portela; no enlace de distintos transformadores para ampliar os suministros e no soterramento de parte das liñas que circundan o núcleo urbano que, ademais da mellora na rede, suporán a eliminación do impacto visual do cableado

O alcalde de Barro recibiu ao xefe de operacións de Unión Fenosa Distribución
O alcalde de Barro recibiu ao xefe de operacións de Unión Fenosa Distribución

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu ao xefe de operacións de Unión Fenosa Distribución, Vicente González, quen lle presentou os proxectos das actuacións que a empresa ten pensado levar a cabo nos vindeiros meses.

Con estas actuacións, que contan cun orzamento de 383.636 euros, Barro contará cunha dobre vía de suministro e deixará de depender exclusivamente da subestación eléctrica de Tibo, polo que no caso dunha incidencia poderase conectar de forma inmediata toda a rede á subestación do polígono de Outeda.

As obras consistirán no soterramento da liña desde o transformador do lugar da Porriña ata o transformador do lugar de Piñeiro, na Portela; no enlace de distintos transformadores para ampliar os suministros e no soterramento de parte das liñas que circundan o núcleo urbano que, ademais da mellora na rede, suporán a eliminación do impacto visual do cableado.

Abraldes móstrase moi satisfeito con estas actuacións, pois "suporán unha mellora notable do servizo, sobre todo no caso dunha posible incidencia na liña, xa que haberá a posibilidade de restablecer o servizo por unha vía alternativa de xeito inmediato".