Feijóo defende que o uso do certificado covid "es bueno para el sector hostelero"

Pontevedra
13 de agosto 2021

O presidente da Xunta incidiu en que ""la mayoría de países de la Unión Europea están exigiendo el certificado covid para entrar en lugares públicos cerrados" polo que no Goberno galego "nosotros entendemos que ese certificado debe tener una utilidad para la población" xa que "no tiene sentido solo poder utilizar ese certificado para poder viajar en avión"

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que este venres o Goberno galego xa presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a solicitude de autorización xudicial para poder esixir o certificado covid para acceder a locais de hostalería nos municipios con niveis alto e máximo de incidencia do virus, así como no lecer nocturno nos niveis medio e baixo.

En declaracións realizadas en Pontevedra, Núñez Feijóo, explicou que a asesoría xurídica da Xunta entende que a medida viña avalada por "la ley de pandemia gallega", como el denomina á reforma da lei de saúde autonómica, sen necesidade de recorrer previamente á Xustiza. "Entendemos que tenemos competencia directa para adoptar esa decisión", dixo.

Feijóo incidiu en que ""la mayoría de países de la Unión Europea están exigiendo el certificado covid para entrar en lugares públicos cerrados" polo que no Goberno galego "nosotros entendemos que ese certificado debe tener una utilidad para la población" xa que "no tiene sentido solo poder utilizar ese certificado para poder viajar en avión".

O presidente da Xunta lembrou que máis do 70% da poboación galega ten a pauta  vacunal completa e engadiu que a esixencia do certificado  covid "es bueno para el sector hostelero" ao entender que é a forma máis segura para axudar á hostalería para traballar sen limitacións e tamén para consumir en locais de localidades con incidencias altas.

Segundo manifestou Feijóo "espero y deseo que el Tribunal acepte nuestra propuesta y podamos otra vez volver a incorporarnos a los países de la Unión Europea que lo están haciendo mejor que España".

Feijóo lembrou que en España hai 18 millóns de persoas inmunizadas polo que entende que "no tiene sentido que 18 millones de pasaportes covid con doble dosis en España no tengan ninguna utilidad".  

Así as cousas, recalcou que o obxectivo do pasaporte  covid ten que ser o de favorecer cuestións como que se poidan utilizar os establecementos de lecer "de forma segura para el conjunto de la comunidad".

Á espera do que diga o TSXG, o presidente da Xunta volveu a lamentar que se "acredite" unha vez máis "estamos ante una ausencia de ley estatal y por eso las Comunidades Autónomas estamos dando botes de un lado para otro en función de la interpretación que hagan los tribunales".

Esta situación, engadiu, desemboca ás veces en decisións contraditorias por territorios ante supostos similares.