Feijóo critica a postura do Goberno sobre ENCE: "se cadra dálles votos, pero traen miles de desempregos"

Pontevedra
16 de xullo 2021

O PP é , segundo defendeu o seu líder autonómico, "un partido que non fai demagoxia co traballo, senón que fai todo o que pode para defender o traballo". Ademais, comprometeuse a que "nunca seremos un partido que colabore no peche de empresas, ao que lle de igual retirarse dun xuízo e non defender os títulos concesionais"

Alberto Núñez Feijóo, no 17 congreso autonómico do PP
Alberto Núñez Feijóo, no 17 congreso autonómico do PP / PP de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, tamén reaccionou este venres á decisión da Audiencia Nacional de anular a prórroga concedida á fábrica de Ence en Pontevedra en 2016 polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy e fíxoo criticando duramente a postura adoptada polo Goberno central

"Nunca seremos un partido que colabore no peche de empresas, ao que lle dá igual a tarifa eléctrica aínda que pechen miles de postos de traballo, ao que lle de igual retirarse dun xuízo e non defender os títulos  concesionais", criticou Feijóo durante a súa intervención no 17 congreso autonómico do PP que debería celebrarse en Pontevedra, pero desprazouse a Santiago de Compostela pola situación sanitaria da cidade do Lérez. 

Feijóo referiuse ao futuro de Ence e tamén de Alcoa e da térmica das Pontes e mandou todo o seu apoio á poboación de Pontevedra, de Cervo en Lugo e de Ferrolterra, respectivamente. Ademais, criticou que a Avogacía do Estado decidise achandarse no recurso contra a prórroga de Ence "porque se cadra dálles votos, pero traen miles de desempregos".

 O presidente da Xunta comprometeuse coa poboación de Pontevedra, A Mariña e Ferrolterra a que "mentres sexa presidente, estarei ao seu lado, sabendo o que é estar no paro como estivo a miña familia". 

O PP é , segundo defendeu o seu líder autonómico, "un partido que non fai demagoxia co traballo, senón que fai todo o que pode para defender o traballo".

O vicepresidente da Xunta e líder do PP en  Ponteveda, Alfonso Rueda, acudiu á manifestación convocada polos traballadores na tarde deste venres e explicou que o fixo porque  "estamos apoiando o que sempre apoiamos desde a Xunta de Galicia e o Partido Popular, os postos de traballo de Ence". 

Moi crítico tamén coa postura do Goberno, cuestionou que a súa decisión de achandarse no procedemento xudicial "ao final ten consecuencia" e  "o que vai supoñer é que a principal industria de Pontevedra, que supoñía moitos postos de traballo directos e indirectos nesta comarca e no resto de Galicia, ve seriamente comprometido o seu futuro".

Arquivado en