Feijóo amplía a súa maioría absoluta e Beiras supera ao BNG

Pontevedra
21 de outubro 2012

A vitoria de Feijóo foi tamén a derrota do PSdeG, que pasou de ter 25 deputados a quedarse en 18, e do BNG, que pasou de 12 a 7. Os 12 representantes perdidos por socialistas e nacionalistas foron a parar ao PP, pero, sobre todo, á Alternativa Galega de Esquerdas de Xosé Manuel Beiras

Alberto Núñez Feijóo celebrando a vitoria electoral xunto a Alfonso Rueda e Pedro Puy
Alberto Núñez Feijóo celebrando a vitoria electoral xunto a Alfonso Rueda e Pedro Puy / PPdeG

O PPdeG de Alberto Núñez Feijóo logrou superar o desgaste propio dun partido que goberna en plena crise, das medidas de austeridade que puxo en marcha dende que chegou á Xunta de Galicia en 2009 e de ter en Madrid a un partido que leva meses aplicando políticas de recortes que reibiron un amplio rexeitamente social na rúa. 

A pesares de que todos os astros se podían aliar para que o PP perdera respaldo neste 21-0, Feijóo espantou as pantasmas e fíxose con 41 dos 75 escaños do Parlamento galego, tres máis que os 38 da maioría 'raspada' coa que arrebatou o goberno ao bipartito PSdeG-BNG. 

A vitoria de Feijóo foi tamén a derrota do PSdeG, que pasou de ter 25 deputados a quedarse en 18, e do BNG, que pasou de 12 a 7. Os 12 representantes perdidos por socialistas e nacionalistas foron a parar ao PP, pero, sobre todo, á nova forza política que irrumpiu o pasado setembro no escenario galego e despois deste 21-0 no Parlamento, a Alternativa Galega de Esquerdas de Xosé Manuel Beiras. 

A coalición entre a Anova de Beiras, a Esquerda Unida de Yolanda Díaz e dos partidos Equo e Ecogaleguistas logrou irrumpir na Cámara galega con nove representantes, converterse na terceira forza máis votada e que Beiras volva á primeira liña da polítca galega con tan só un mes e medio conformada. Naceu das escisións xurdidas no seno do BNG, alimentouse do regreso a escena de Esquerda Unida, pero, ante todo, foi a demostración de que o ciclón Beiras segue tendo forza e é o líder histórico e agora actual da esquerda nacionalista galega.

O PSdeG asume a derrota e anuncia o inicio dun "intenso proceso de reflexión"

O candidato do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, foi o primeiro en comparecer na noite electoral. Aínda non eran as dez da noite e xa saiu na sede do partido en Santiago de Compostela para recoñecer a súa derrota. Dixo que Galicia decidiu dar unha ampla maioría ao PPdeG. Arroupado por varios dos seus candidatos, asegurou que seguirá traballando "onde nos puxo a cidadanía".

Pachi Vázquez asuiu "con absoluta normalidad e serenidade" a responsabilidade dos resultados e asegurou sentirse orgulloso do traballo realizado. Para él, é hora de abrir unha profunda reflexión nos socialistas galegos. Comezará este luns polacoa celebración da Executiva Nacional del PSdeG e materializarase "en datas próximas". 

O segundo en dar a cara foi o líder do BNG, Francisco Jorquera. Ás 22.20 horas saiiu con cara longa e sen apenas respaldo dos seus detrás. Comezou por felicitar a Alberto Núñez Feijóo polo seu triunfo e pediu disculpas a todos os que consideren que como candidato non estivo á altura. Recoñeceu que o BNG sufriu un "forte revés electoral". ÿ froito, dixo, da fractura que a formación viviu nos últimos meses.

Referiuse o líder dos nacionalistas aos resultados de Alternativa Galega de Esquerdas, que calificou de "excelentes", pero interpreta que coa súa aparición beneficiouse ao PPdeG. "Con Beiras, o PP sempre logrou os mellores resultados". Como sempre, dixo, está ao servizo da súa organización.

Beiras defínese como "o auténtico nacionalismo" combinado coa "esquerda social"

Xosé Manuel Beiras saiu en representación de Alternativa Galega de Esquerdas para felicitarse dos resultados obtidos. "Nós conseguimos reactivar, ilusionar e darlle unha saída politica ao proceso de rebelión cívica que hai na sociedade", dixo. Cre que é un resultado que significa unha derrota electoral para o PP.

De todos xeitos, sinalou que "non hai que fiarse dos resultados aparentes", porque asegura que "vai manter a maioría de escanos porque PSdeG-PSOE e BNG non obtiveron o apoio do electorado, porque non fixeron oposición estes anos". Descríbese como "o auténtico nacionalismo" combinado coa "esquerda social", e que por primeira vez vai a estar no Parlamento.

Non logrou entrar no Parlamento, pero tamén quixo facer a súa valoración. O candidato de Sociedad Civil y Democracia (SCD), Mario Conde, admitiu "un punto de fracaso" nos resultados. Compareceu xa antes de que se contara o 80% dos votos e non se excusou polos resultados, recoñeceu que "está más claro que el agua, no hemos conseguido el objetivo".

Arquivado en