O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 72 desempregados en febreiro na cidade de Pontevedra. A capital da provincia ten un total de 5.094 persoas no paro.
O concello de Barro ten 220 desempregados (16); Poio, 1.021 (21); Ponte Caldelas, 406 (10); Marín, 1.361 (19); Cerdedo-Cotobade, 296 (7); Campo Lameiro, 96 (-9); A Lama, 145 (11); Bueu, 742 (-8); Vilaboa, 329 (3).
Na comarca do Salnés, Cambados ten 904 parados (-6), O Grove, 945 (33); Meaño, 335 (32); Meis, 282 (12); Ribadumia, 272 (4); Sanxenxo, 1.040 (19); Vilagarcía, 3.008 (59); Vilanova de Arousa, 661 (33); A Illa de Arousa, 247 (2).
Na comarca do Umia, este mes de febreiro Caldas de Reis ten 576 parados (-13); Cuntis, 227 (-2); Moraña, 246 (10); Portas, 173 (3).
PROVINCIA
Este mércores o Ministerio de Traballo publicou os datos do paro correspondentes ao mes de febreiro e na provincia de Pontevedra a cifra total de persoas desempregadas rexistradas foi de 60.974, o que supón 920 parados máis que o mes de xaneiro (+1,53%).
Respecto ao ano anterior, o desemprego caeu en 10.546 persoas (-14,75%). Destes 60.974 desempregados un total de 35.377 son mulleres.
GALICIA
Galicia foi unha das comunidades nas que o paro subiu o pasado mes, ao rexistrarse 577 persoas máis que en xaneiro nas oficinas do Ministerio de Traballo.
En total, a comunidade galega pechou o mes con 154.509. En termos interanuais, o desemprego baixou en Galicia un 16,58 %, con 30.719 parados menos que en febreiro do 2021.
ESPAÑA
A nivel estatal, o número de desempregados e desempregadas rexistradas nas Oficinas do Servizos Público de Emprego, ao finalizar o mes de febreiro, descendeu en 11.394 persoas (-0,36%) en relación co mes anterior. É a maior baixada nun mes de febreiro desde o ano 2015.
O paro rexistrado situouse en 3.111.684 persoas. Respecto a febreiro de 2021, o paro descendeu en 897.105 persoas (-22,38%). É a maior baixada interanual da serie histórica. En termos desestacionalizados, o paro rexistrado redúcese en 35.734 persoas.
Asináronse 316.841 contratos de carácter indefinido, a maior cifra da serie histórica. A firma de contratos indefinidos é un 139,2% maior que en febreiro de 2021. Asináronse 94.311 contratos por obra ou servizo menos que no mesmo mes do ano anterior.
Nos últimos doce meses o paro reduciuse en 897.105 persoas, a maior caída da serie histórica. O paro descende en todos os sectores respecto a febreiro de 2021. O paro feminino cae en 464.132 mulleres (-20,1%) respecto a febreiro de 2021. Entre os menores de 25 anos, o paro baixou un 38,5% interanual ata un total de 225.480 persoas, a cifra máis baixa nun mes de febreiro.