Farois e semáforos para mellorar a seguridade en Pardavila

Marín
21 de febreiro 2014

Trátase do tramo desta estrada autonómica onde se produciu un atropelo mortal o pasado xaneiro. O proxecto considera a colocación de dous semáforos no cruzamento da estrada cara Á Rúa Nova, así como o reforzo da señalizacióin horizontal e vertical e o repintado da calzada. O presuposto ascenderá a 30.000 euros

Este venres reuníronse no Concello de Marín unha representación da Asociación de veciños de Pardavila co xefe territorial da Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díaz Yáñez e o Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez Vilar, co obxecto de avanzar os traballos que se van levar a cabo na PO-313 para mellorar a seguridade á altura do cruzamento de Pardavila e Rua Nova.

Trátase do tramo desta estrada autonómica onde se produciu un atropelo mortal o pasado xaneiro.

O proxecto considera a colocación de dous semáforos no cruzamento da estrada cara A Rúa Nova, así como o reforzo da sinalización horizontal e vertical e o repintado da calzada. O presuposto ascenderá a 30.000 euros.

A Dirección Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas xa iniciou os trámites para a contratación destas obras, estimando o prazo para o seu comezo nun mes. Tamén se acometerá a mellora da iluminación pública neste tramo, porque o actual non ilumina ben nin as beiravías nin a estrada.

Iniciouse a contratación da instalación dun semáforo con interruptor que acompañase ao paso de peóns, con outro dispositivo de semáforos que se instalase uns metros antes e que servirá de aviso previo.

Cando o tempo o permita pintarase de novo o eixe e a zona da beiravía da estrada, coa instalación de novos sinais en todo este tramo.

Formuláronse algunhas posibilidades de mellora da beiravía e de situación concreta do paso de peóns que será estudado tecnicamente por se pode acceder por seguridade vial e visibilidade necesaria.

Dende o goberno local de Marín, a alcaldesa María Ramallo, agradeceu a implicación da Xunta de Galicia "que a pesar das dificultades económicas esta actuando con medidas que propicien unha mellora na seguridade dun ámbito moi poboado" cun núcleo próximo, unha zona de parada de autobús e un ámbito do centro Juan XXIII que fai necesario o cruzamento de peóns nesta zona.