Fans de Auryn agardan dende primeiras horas da mañá ante o escenario a actuación desta noite

Pontevedra
17 de agosto 2013

Baixo un sol de xustiza, un grupo de máis de 50 adolescentes atópanse dende antes das 9 da mañá á espera da actuación que terá lugar ás 22:30 desta noite na Praza de España

Se onte á noite Malú deixou o listón moi alto e algúns dos seus fans esperaban ante o escenario a actuación da cantante madrileña, a actuación de Auryn desta noite espérase que chegue a provocar auténticos momentos de histeria entre as centos de adolescentes que acudirán a este concerto gratuíto na Praza de España.

O grupo de mozos que comezou a súa carrreira musical en 2009 tenas tan embelesadas que máis de cincuenta adolescentes levan dende antes das 9 da mañá facendo garda ante o escenario co obxectivo de ter un lugar privilexiado para ver os seus idolatrados cantantes. E todo baixo as altas temperaturas que se están a rexistrar durante esta xornada.

O concerto comezará ás 22:30 horas e cando se escoiten éxitos como Heartbreaker ou Don't give up my game non será estraño que se produza máis dun mareo.

Arquivado en