Fan política os afectados polas preferentes?

Pontevedra
11 de outubro 2012

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revocou a decisión da Xunta electoral pontevedresa autorizando as manifestacións dos afectados polas preferentes, tamén durante a campaña electoral. Polo que, como cada xoves, voltaron a protestar na rúa ante as oficinas de Nova Galicia Banco

"Queren calarnos a boca porque lles molesta o que dicimos, en parte porque se senten culpables xa que consentiron todo isto", asegurou a portavoz das plataformas de Pontevedra e Marín, Rosana Prado.

Os afectados insisten en que ⿿"non imos contra ningún partido, nós non facemos política" aínda que son conscientes de que "todos xuntos" poden decidir o futuro dun deputado na provincia de Pontevedra.

A clave está no elevado número de familias nesa provincia afectadas pola comercialización de preferentes.

Na provincia de Pontevedra os comicios de 2009 deixaron un reparto de 11 escanos para o PP, 7 para el PSdeG, y 4 para el BNG.