Falemos de sexo, empeza a Semana Galega de Filosofía

Pontevedra
05 de abril 2015

A Semana Galega de Filosofía comeza este luns 6 de abril, no Teatro Principal de Pontevedra, cunha reflexión sobre a sexualidade. O Aula Castelao concibe esta iniciativa coma un "experimento colectivo e público" no que os participantes se entregan á "estimulante tarea de illar e remover a liña que une o individual ó social"

Presentación da XXXII Semana Galega de Filosofía
Presentación da XXXII Semana Galega de Filosofía / PontevedraViva

A Semana Galega de Filosofía comeza este luns 6 de abril, no Teatro Principal de Pontevedra, cunha reflexión sobre a sexualidade. O Aula Castelao concibe esta iniciativa coma un "experimento colectivo e público" no que os participantes se entregan á "estimulante tarea de illar e remover a liña que une o individual ó social".

O obxectivo será "desvelar mecanismos de opresión e imaxinar dinámicas de liberación ou emancipación", din os responsables da Semana.

A primera xornada presentará un mapa da evolución do pensamiento sobre a sexualidade. Dende as primeiras observacións filosóficas da Grecia clásica rescatados dos textos gregos, pasando polos mitos e tabús enraizados na cultura popular galega que desvelan as cantigas populares, ata os movementos antipornografía en USA e as actuais correntes do feminismo prosexo.

POÿENCIAS DO LUNS DÍA 6

A xornada deste luns comezará cunha reflexión filosófica acerca da sexualidade, que se estenderá de 10,30 a 13,30 horas. Nela participará o editor da Revistas Española de Sexoloxía, Efigenio Amezúa.

Xa de 17,30 a 19,30 horas terá lugar unha charla titulada 'A sexualidade vista dende Galicia', mentres que de 20,00 a 22,00 horas se celebrará a charla 'A sexualidade a debate'.