Falece unha muller de 67 anos, natural de Zaragoza, nun accidente de tráfico en Poio

Poio
09 de xuño 2023

O sinistro produciuse sobre as catro e media da tarde no quilómetro 9 da estrada PO-308, segundo informou a Garda Civil. A vítima viaxaba no asento traseiro do coche accidentado, no que ían tamén outras dúas persoas, o condutor de 67 anos, tamén de Zaragoza, e a súa esposa, que ía de copiloto. Ambos resultaron feridos leves

Accidente mortal na PO-308, en Poio
Accidente mortal na PO-308, en Poio

Unha muller de 67 anos, natural de Zaragora, faleceu esta tarde nun accidente de tráfico que se rexistrou en Poio.

O sinistro produciuse sobre as catro e media da tarde no quilómetro 9 da estrada PO-308, segundo informou a Garda Civil.

A vítima viaxaba no asento traseiro do coche accidentado, no que ían tamén outras dúas persoas, o condutor de 67 anos, tamén de Zaragoza, e a súa esposa, que ía de copiloto. Ambos resultaron feridos leves.

O coche saíu da vía e chocou contra unha tallea, quedando envorcado sobre a calzada.

A muller falecida levaba posto o cinto de seguridade e o condutor do coche deu negativo nas probas de alcol e drogas.