Falece un pontevedrés nun accidente de tráfico en Mallorca

Pontevedra
11 de decembro 2017

O mozo, de 34 anos, era traballador do aeroporto de Palma e, segundo publica Diario de Mallorca, foi arroiado por un coche cando trataba de cruzar a calzada por un desvío da terminal, na saída cara á autoestrada. Faleceu no acto 

Un mozo de orixe pontevedresa de 34 anos faleceu na noite deste domingo nun accidente de tráfico rexistrado en Palma de Mallorca, lugar onde tiña fixada a súa residencia. 

O mozo era traballador do aeroporto de Palma e, segundo publica Diario de Mallorca, foi arroiado por un coche cando trataba de cruzar a calzada por un desvío da terminal, na saída cara á autoestrada de Llucmajor.

O atropelo produciuse ao redor das 21.10 horas deste domingo e o mozo faleceu no acto. A pesar de que se desprazaron ao lugar os servizos sanitarios, xa non puideron facer nada por salvar a súa vida. 

Segundo publica o xornal Última Hora de Mallorca, o mozo foi arroiado por un turismo Seat Ibiza que tratou de esquivalo sen éxito. Detrás deste automóbil circulaba un BMW que freou en seco, pero acabou encaixándose contra o primeiro vehículo. Dúas mulleres, que circulaban cada unha nun dos coches implicados, resultaron feridos.