Falece un operario na Fábrica da Cross ao caer do tellado cando realizaba labores de reparación

Pontevedra
28 de febreiro 2024
Actualizado: 19:32

O accidente laboral producíase na tarde deste mércores 28 neste espazo que é empregado como centro de loxística Cigasa do Grupo Nogar. A Policía Nacional está a investigar as causas do tráxico suceso

A Policía Local nas instalacións da antiga fábrica de La Cross en Campañó
A Policía Local nas instalacións da antiga fábrica de La Cross en Campañó

Un accidente laboral producíase na tarde deste mércores 28 de febreiro nas instalacións do Grupo Nogar, situadas na parroquia pontevedresa de Campañó.

Un operario caía do tellado das instalacións, arredor das 15.45 horas, cando realizaba unha reparación perdendo a vida, segundo información facilitada pola Policía Nacional.

Un particular solicitou axuda urxente para o traballador que se precipitaron do alto do tellado, situado a uns 15 metros de altura, segundo o 112 Galicia.

Este espazo é o centro loxístico de Cicasa, pertencente ao grupo empresarial marinense que realiza actividades portuarias e comercio marítimo. O recinto antes era coñecido como a fábrica da Cross. 

Ao lugar do accidente acudían efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das lesións provocadas pola caída, só puideron certificar o falecemento do home.

Ata a zona tamén se desprazaban efectivos da Policía Local de Pontevedra e axentes da Policía Nacional, corpo que se encarga de efectuar a investigación sobre as circunstancias do tráxico accidente para determinar as causas da caída.