Falece un ciclista nun viaduto en Salcedo

Pontevedra
11 de setembro 2023

O servizo do 112 Galicia tiña constancia do suceso tras a chamada de alerta de varios particulares arredor das 12.00 horas deste luns 11 de setembro. As persoas alertaban da presenza dun ciclista inconsciente caído na calzada

Falecemento dun ciclista nun viaduto en Salcedo
Falecemento dun ciclista nun viaduto en Salcedo

A Garda Civil investiga as causas do falecemento dun ciclista este luns nun viaduto da parroquia pontevedresa de Salcedo. 

O servizo de emerxencias do 112 Galicia tiña constancia do suceso cando recibía a chamada de diversos particulares ao redor das 12.00 horas do mediodía

Na chamada, as persoas alertaban da presenza dun ciclista en estado inconsciente caído sobre a calzada.

Desde o 112 Galicia solicitábase a intervención de Urxencias Sanitarias do 061; dos Bombeiros de Pontevedra; Policía Nacional e Local; da Garda Civil de Tráfico e dos integrantes de Protección Civil de Pontevedra.

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento. A vítima, de 66 anos, é veciño de Marín. A autopsia determinará a causa do falecemento, pero as primeiras investigacións declínanse porque se trata dunha morte natural cando o home circulaba por esta zona.