Un veciño alertou ao 112 Galicia este martes, 31 de decembro, do mal estado en que se atopaba unha persoa na praia Area de Bon, situada na parroquia de Beluso, no Concello de Bueu.
Os feitos producíronse arredor das 9:45 horas da mañá, cando o servizo de emerxencias recibiu este aviso de que a persoa permanecía indisposta e que balbucía, requirindo asistencia sanitaria ao comprobar que se atopaba mareada e era incapaz de erguerse.
Segundo sinalaba, estaba nunha zona de rochas, de difícil acceso.
Os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que finalmente non chegou a acudir ata o punto, xa que o persoal sanitario que accedeu ata a vítima confirmou o seu falecemento.
Foron alertados efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, membros do servizo de Gardacostas de Galicia e do servizo de Salvamento Marítimo do Goberno.
Ademais ata o lugar achegábanse axentes da Garda Civil e tamén foi alertada a Policía Local de Bueu..
Segundo indica o 112, a recuperación do corpo resultaba complicada tanto por terra como por mar.
Debido a estas circunstancias, mobilizouse a embarcación Pesca I, do Servicio de Gardacostas de Galicia, para efectuar o rescate do falecido.
Segundo as primeiras indagacións, as causas da morte foron naturais.