Falece no Complexo Hospitalario un home de 82 anos positivo en covid

Pontevedra
18 de setembro 2021

Co seu falecemento ascenden a 203 o número de mortes de pacientes con positivo activo por coronavirus na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Hospital de Montecelo
Hospital de Montecelo / Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde notificou a última hora deste sábado catro novos falecementos en Galicia de pacientes con positivo activo por covid.

Un deles tivo lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Trátase concretamente dun home de 82 anos, que se converte desta forma o falecemento 203 na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde o inicio da pandemia.

Ademais o Sergas informou de tres mortes máis no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, dúas mulleres de 60 e 62 anos e un home de 57 anos.

Todos eles contaban con patoloxías previas.