Falece Mari Luz Fernández, representante do movemento veciñal en Pontevedra

Pontevedra
13 de xullo 2023
Actualizado: 14 de xullo

Esta veciña pontevedresa que foi presidenta da Federación Boa Vila levaba anos cunha enfermidade dexenerativa e perdía a vida este 13 de xullo aos 74 anos de idade. Durante décadas desenvolveu unha actividade de protesta contra locais nocturnos que incumprían a normativa na contorna de San Bartolomeu

Entrega á BRILAT do "Agasallo" da Federación de Veciños Boa Vila, presidida por Mari Luz Fernández
Entrega á BRILAT do "Agasallo" da Federación de Veciños Boa Vila, presidida por Mari Luz Fernández /

Marí Luz Fernández, presidenta da Federación de asociacións veciñais Boa Vila e presidenta da asociación de veciños San Bartolomé Centro, falecía nas últimas horas aos 74 anos de idade.

Esta veciña de Pontevedra mantivo unha intensa actividade durante décadas como líder do movemento cidadán e exercendo numerosas accións de protesta contra locais nocturnos que incumprían a normativa na contorna da Rúa Laranxo e contra o consumo de alcol na rúa.

Durante os últimos anos loitaba contra unha enfermidade dexenerativa, que lle mantivo lonxe dos focos mediáticos durante os últimos tempos.

En 2012 recibía o Premio Azor que concede a Brilat e sempre se mantivo como unha persoa moi activa e reivindicativa. 

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente local do Partido Popular, Rafa Domínguez, trasladaba o seu pesar polo falecemento desta coñecida veciña de Pontevedra. 

Tamén o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, transmitía o pésame a súa familia a través das redes sociais: