Día de loito en Barro. Manuel Pereira Gago, o primeiro alcalde que tivo o municipio en época democrática, faleceu este mércores aos 94 anos de idade.
Desde a corporación municipal expresaron as súas condolencias á familia do ex rexedor, ao que agradecen todo o traballo que desenvolveu ao servizo dos veciños e veciñas de Barro.
Alcalde entre 1979 e 1983 coa UCD, Pereira tivo un papel "moi importante" na historia deste concello, segundo recolle a declaración institucional aprobada pola corporación.
Lembran que presidiu a institución municipal nun momento "especial", como foi a época de "deixar atrás unha cruel ditadura e poñer as primeiras pedras do Barro democrático do que hoxe todos podemos gozar".
A capela ardente do ex alcalde quedou instalada na sala de velaciones número 2 do Tanatorio de Barro e o seu funeral celebrarase mañá xoves, ás 17:00 horas, na igrexa de San Mamede, no lugar da Portela.