Falece en Montecelo un home de 85 anos con coronavirus

Pontevedra
13 de maio 2021

Esta nova vítima eleva ata as 174 o número de persoas falecidas na área sanitaria por mor da pandemia. Desde o pasado 29 de abril non se produciran decesos a causa do coronavirus nesta área sanitaria

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo / Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés rexistrou este xoves unha nova morte por coronavirus.

Segundo informa a Consellería de Sanidade o falecido é un home de 85 anos con patoloxías previas que estaba ingresado no Hospital Montecelo.

Esta vítima mortal eleva o número de falecidos por mor da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés ata os 174. 

Desde o pasado 29 de abril non se produciran decesos a causa do coronavirus nesta área sanitaria. Naquela ocasión morreran na mesma xornada dúas mulleres de 88 e 89 anos.

Sanidade tamén notificou este xoves o falecemento dunha muller de 85 anos con covid-19 no Complexo Hospitalario da Coruña, tamén con patoloxías previas.