O empresario pontevedrés Enrique de la Peña Viéitez, coñecido como "Tito de la Peña", falecía aos 84 anos, nas últimas horas, como consecuencia dunha longa enfermidade.
Tito de la Peña era coñecido como un emprendedor que no ano 1976 creou a sociedade Godoy - Tito de la Peña.
En 1988, xa de maneira independente, abría a súa primeira tenda baixo o nome 'Tito de la Peña' na rúa Oliva, número 2, un establecemento de perfumería, alta cosmética e complementos, que finalizaba a súa andaina en abril deste 2024.
Era un cidadán moi coñecido debido a súa implicación en numerosas actividades sociais e deportivas. Foi xogador da Sociedade Deportiva Teucro.
Además exerceu como concelleiro do Partido Popular no grupo municipal que encabezaba Juan Luis Pedrosa, ex alcalde de Pontevedra.
Tamén desenvolveu un papel relevante como directivo de AEMPE e da Cámara de Comercio e foi unha persoa altruísta que colaboraba con distintas ONGs.
O seu velorio permanece na Sala 3 do Tanatorio Pontevedra da Funeraria San Marcos.
O funeral está previsto para este mércores 16, ás 12.30 horas, na igrexa de San Xosé de Campolongo.