Falece aos 95 anos Erundino Lorenzo, exdirector do colexio Príncipe Felipe

Pontevedra
05 de setembro 2024

A Casa mortuoria está instalada no Tanatorio Pontevedra (Sala 3), onde este venres, ás 11:30 horas celebrarase un acto litúrxico, para a continuación proceder á incineración na intimidade familiar. O funeral polo seu eterno descanso terá lugar o luns, día 9, ás 18:30 horas, na Real Basílica de Santa María a Maior, de Pontevedra.

Erundino Lorenzo Rey coa súa esposa Carmen Torres Ferrer
Erundino Lorenzo Rey coa súa esposa Carmen Torres Ferrer / PontevedraViva

Persoa entrañable e querida onde as haxa, sempre afable con todos e un sorriso permanente na súa cara, o que fose director do colexio público da Cidade Infantil Príncipe Felipe, de Pontevedra, Erundino Lorenzo Rey, faleceu na mañá deste xoves, á idade de 95 anos.

Casado coa tamén profesora María del Carmen Torres Ferrer, mestra de Educación Especial, o matrimonio ten catro fillos, todos eles moi coñecidos nos diferentes ámbitos da cultura, política e empresarial, o maior, Gerardo, ademais de empresario, foi presidente do Pontevedra CF, o segundo, José Manuel "Pepo", produtor de cinema e televisión, foi Director Xeneral de Antena 3 e Canal Plus, sendo produtor executivo da serie "O xardineiro", que DLO Producións rodou recentemente en Pontevedra para Netflix.

O terceiro dos irmáns Lorenzo é o famoso actor Francis, protagonista de series de éxito como Águila Roja, e o cuarto dos irmáns é Miguel, presidente do PP da Coruña e portavoz municipal do partido na cidade herculina.

A Casa mortuoria está instalada no Tanatorio Pontevedra (Sala 3), onde este venres, ás 11:30 horas celebrarase un acto litúrxico, para a continuación proceder á incineración na intimidade familiar.

O funeral polo seu eterno descanso terá lugar o luns, día 9, ás 18:30 horas, na Real Basílica de Santa María a Maior, de Pontevedra.