Fajardo (AGE) aposta por crear emprego no mar, no gando e na dependencia

Pontevedra
05 de outubro 2012

Dende a formación que encabeza Xosé Manuel Beiras afirman que están abertos a chegar a acordos con todos os grupos políticos de esquerdas   

Juan Fajardo, cabeza de lista por Pontevedra de Alternativa Galega de Esquerdas (Esquerda Unida ⿿ Anova), mantivo unha xuntanza con representantes da formación en Pontevedra co compromiso de que os problemas reais dos cidadáns poidan chegar ao Parlamento de Galicia. Afirma que ⿿nos últimos anos está alleo ao que lle pasa ao país⿝.

Na sede sindical en Pontevedra presentou o programa de emprego que se centraría nunha política impositiva entre as clases socias máis poderosas para que o diñeiro poida desviarse cara ao sector primario. O cabeza de lista da agrupación por Pontevedra indica que ⿿as rías galegas poden empregar a milleiros de persoas, o gando tamén en condicións de calidade e a lei de dependencia para atender os maiores e xerar emprego entre as mulleres e a mocidade⿝.

Fajardo asegurou que na ría de Arousa hai millóns de metros cadrados que son improdutivos. Segundo manifestou podería darse emprego a douscentos novos mariscadores a través da explotación deses espazos.

Dende Alternativa Galega de Esquerda afirman que están abertos a chegar a acordos con outras agrupacións de esquerdas e aseguran que están obtendo moito apoio nas rúas.

Arquivado en