Este sábado, 26 de novembro, os bombeiros de Pontevedra deron por extinguido o incendio de Pontesa.
Segundo comunican dende o Concello de Pontevedra, "considéranse extinguidas as lapas que provocaban a emerxencia".
Estas mesmas fontes oficiais sinalan que dende o Concello déronselle instrucións á empresa Grupo Nogar para que mantivese unha liña de auga por prevención e tamén a vixilancia sobre as montañas de gran que se viron afectadas polo lume, xa que a responsabilidade da mobilización do gran corresponde á empresa.
O Concello agradeceu a colaboración da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) polo aporte de dúas cisternas e do seu persoal durante todo este operativo.
Hai que lembrar que o incendio comezou o pasado 6 de novembro. Tres semanas despois, o Concello de Pontevedra dá por concluído do dispositivo de emerxencia.