O incendio forestal rexistrado na noite do luns en Saiar, en Caldas de Reis, calcinou finalmente preto de 35,5 hectáreas de monte, segundo a estimación provisional da Consellería de Medio Rural.
O lume, declarado sobre as 21:00 horas do luns no monte Xiabre, fora dado por controlado polas brigadas de extinción ás 6:00 horas do martes, despois dunha noite de intenso traballo no terreo que se prolongou durante boa parte da xornada ata a súa total extinción.
Nos labores colaboraron dous helicópteros, 13 motobombas, 14 brigadas, dúas pas, catro axentes forestais e un técnico.