O edificio do Concello de Campo Lameiro acolle ata o 12 de decembro unha exposición que leva por título '*Á violencia de xénero dille non', promovida pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro das actuacións que se desenvolven no municipio con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
A mostra poderá visitarse en horario de 09.00 a 15.00 horas, de luns a venres.
A través de paneis ofrécense imaxes de situacións nas que se identifican condutas de chantaxe emocional, sexo forzado, humillación, sextorsión e abuso.
Ao longo da mostra lémbrase que a culpabilidade non é unha forma de querer e que o amor se mostra no día a día. As imaxes inciden en que revisar o teléfonno e as mensaxes nas redes de control non están relacionadas co amor xa que cada persoa ten dereito á súa liberdade e á súa intimidade.