A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) participan conxuntamente nun proxecto piloto sobre aparellos de pesca perdidos ou abandonados.
O obxectivo é estudar o comportamento destes aparellos tras varios meses de permanencia no mar. Este experimento, denominado "pesca pantasma" se engloba dentro das accións do proxecto PESCAL de recollida de residuos no mar, financiado pola Secretaría Xeral do Mar e no que tamén colaboran Opromar, a Autoridade Portuaria e a flota pesqueira do Porto de Marín.
Para evaluar os resultados da "pesca pantasma", este sábado fondearanse tres aparellos ou trasmallos en diferentes puntos da lámina de auga. Os puntos de fondeo foron autorizados por Capitanía Marítima e foron seleccionados en lugares que non coincidan con zonas habituais de traballo da pesca artesanal nin en canles de navegación.
Tralo seu fondeo, as artes de pesca contarán cunha boia identificativa do proxecto e serán monitorizadas por biólogos de CETMAR cunha frecuencia media de dúas veces por semana.
No fondeo dos aparellos, que teñen entre 20 e 30 metros de longo, colaborará o pesqueiro de baixura "Anxo e Vitoria", con base no Porto de Marín.