A Festa da Investigación de Tomeza que cada ano organiza a pontevedresa Loli Beloso celebrouse esta fin de semana nun lugar pouco habitual, a igrexa de San Pedro.
Como é habitual, a festa ten un espírito solidario e o seu momento central é a entrega de fondos ao doutor Ángel Carracedo, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela, para contribuír ás súas investigacións sobre o cancro.
Nesta ocasión, entregáronse a Carracedo 3.500 euros recadados durante os últimos meses como resultado de distintas accións como a venda de libros e xoias solidarias de Loli Beloso.
A festa foi, para Loli Beloso, un "éxito rotundo" e, a pesar do mal tempo, a igrexa encheuse.
A cita festiva e solidaria tamén serviu para presentar o novo libro de Beloso, 'Ledi e a súa biblioteca ambulante', que ten prólogo de Felipe-Senén e está ilustrado polo pintor pontevedrés Tomi Castiñeira.
A organizadora quixo agradecer ao sacerdote de San Pedro de Tomeza, don Casimiro, a cesión da igrexa e tamén amosou a súa gratitude con Felipe-Senén polo prólogo da súa nova publicación e coa Xoiería Suárez e o Hotel Villa de Marín. .
Entre os asistentes estaban tamén o escultor de Tomeza Daniel Acuña.