Tres veciños de Nogueira, no concello de Meis, tiveron que ser evacuados da súa vivenda a un centro hospitalario a causa duna fuga de gas nunha estufa, segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112.
O 112 tivo coñecemento do sucedido sobre as 23.00 horas deste domingo a raíz da chamada dun particular,que indicaba que a súa filla, menor de idade, acababa de desvanecerse.
Dende o CIAE alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias. Nada mais chegar á vivenda, os profesionais sanitarios comprobaron que os habitantes presentaban os mesmos síntomas e, ao facer as correspondentes medicións, comprobaron que daba positivo a un posible escape de gas.
A continuación, deuse aviso aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil e ao persoal da empresa subministradora do gas.
Os servizos sanitarios confirmaron ao persoal do CIAE o traslado de tres persoas ao centro hospitalario de referencia.