Evacuada unha muller de Ribadumia, tras un accidente de tráfico en Barrantes

O Salnés
05 de agosto 2024

O accidente producíase na mañá deste luns 5 de agosto na EP-9305 na parroquia de Barrantes no municipio de Ribadumia. A condutora de 31 anos de idade foi trasladada ao Hospital do Salnés

Outro dos turismos implicados no accidente en Barrantes
Outro dos turismos implicados no accidente en Barrantes / Servizo de Emerxencias

Unha condutora, que responde ás iniciais S.O.P., de 31 anos de idade e veciña de Ribadumia, foi evacuada e trasladada ao Hospital do Salnés para ser atendida das feridas provocadas nun impacto entre dous turismos durante a mañá deste luns 5 de agosto.

O suceso rexistrouse ao chocar frontolateralmente os dous vehículos nunha intersección da estrada provincial EP-9305 na parroquia de Barrantes, no municipio de Ribadumia.

Ao lugar trasladáronse efectivos do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados.

Unha ambulancia do 061 encargouse de mobilizar á muller ferida para unha exploración en profundidade no centro hospitalario.

Tamén interviñeron membros de Protección Civil de Ribadumia, mantemento da Deputación de Pontevedra, Garda Civil de Tráfico e Atestados.