O IES Luís Seoane de Pontevedra lograba gañar na categoría establecída para alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior e formación profesional e de educación de persoas adultas do certame autonómico de consumo responsable Galicons, impulsado pola Consellería de Economía, Industra e Innovación e pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Alumnado de bacharelato presentou un proxecto sobre linguaxe publicitaria baixa o título 'I Feira de sostibilidade. Pensa, consome e actúa. RE_ÉTIKA'. A proposta reflexiona sobre a publicidade e como impacta na etapa adolescente. Tamén se convida a un pensamento crítico e independente fomentando a reflexión sobre aspectos éticos, solidarios e ambientais sobre o consumo.
Este grupo de estudantes elaborou a web de Eco-Étika como un punto de información da comunidade educativa en relación ao consumo responsable e organizaron unha feira con expositores e charlas para dar visibilidade ao lema da iniciativa.
Galicons contou coa participación de máis de 1.200 estudantes de toda Galicia.