Este venres concluía a novena edición de Edugal, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, que se celebraba no Recinto Feiral coa instalación de 56 casetas nos que se ofrecían distintas opcións formativas.
Durante tres días, estudantes de máis de 600 centros de ensino secundario de Galicia achegáronse ata o recinto para ver as posibilidades laborais que ofrecen cada unha dos ensinos de FP, Universitarias ou doutras características.
A través de xogos e exhibicións que ían desde unha pequena explotación mineira a montaxes de laboratorio, preparación de pratos gastronómicos, realización de manobras de reanimación cardiovascular ou utilización de lentes de realidade virtual, os estudantes analizaron e comprobaron algúns aspectos dos ensinos ás que poden acceder en Galicia. Desta forma, os miles de alumnos que pasaron por Pontevedra estes días tomaron contacto directo cos estudos das profesións de futuro.
O Edugal está organizado por AEMPE e o Concello de Pontevedra.