Estudan que os enxeñeiros industriais poidan facer prácticas non laborais no Concello

Pontevedra
22 de xullo 2016

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo este venres un encontró co decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, e a delegada de Pontevedra, Raquel Maquieira para coñecer o traballo desta institución, e ofrecer a súa colaboración ao Concello

O alcalde cos representantes do Colexio de Enxeñeiros Industriais
O alcalde cos representantes do Colexio de Enxeñeiros Industriais / Mónica Patxot

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo este venres un encontro co decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, e a delegada de Pontevedra, Raquel Maquieira para coñecer o traballo desta institución, e ofrecer a súa colaboración ao Concello.

No marco da conversa o alcalde foi informado de que existe un convenio entre o Colexio de Enxeñeiros e a FEGAMP que dá a posibilidade aos enxeñeiros industriais desempregados a facer prácticas non laborais no Concello de Pontevedra. Terían unha duración de 3 a 6 meses.

Ademais, a delegada de Pontevedra tamén lle expuso ao alcalde a posibilidade de realizar accións conxuntas de colaboración entre o Colexio e o Concello, como xornadas ou eventos de interese para a cidadanía.