Estrea do documental 'Seixo. Memorias dunha parroquia' para as persoas que o fixeron posible

Marín
11 de marzo 2022

El Cine Seixo, situado en la parroquia marinense del mismo nombre, acoge este sábado 12 de marzo a las 12.30 horas el pase destinado a patrocinadores y colaboradores del documental. En próximas datas, proxectarase para todo o público

Anuncio da estrea do documental 'Seixo. Memorias dunha parroquia'
Anuncio da estrea do documental 'Seixo. Memorias dunha parroquia'

O Cine Seixo, situado na parroquia marinense do mesmo nome, acolle este sábado 12 de marzo ás 12.30 horas a proxección para patrocinadores e colaboradores do documental 'Seixo. Memorias dunha parroquia', de Daniel Arana, da produtora Espejo Films, coa colaboración do Concello de Marín.

O documental aposta por poñer en valor diversas tradicións que xeración tras xeración se foron transmitindo na parroquia, como o uso dos muíños e a súa ruta ao longo do río Loira. Con esta peza audiovisual, danse a coñecer estes elementos, que forman parte do patrimonio etnográfico da parroquia.

No documental tamén teñen cabida aqueles feitos que marcaron unha parte da vida sociocultural de Seixo, como os seus comercios, que foron e son un motor económico esencial; algunhas figuras inolvidables, como a do artista John Balan ou os mestres que daban clase cando aínda o patio do recreo era a praia de Loira; e o propio Cine Seixo.

Todas esas historias poderán coñecerse de cerca con este documental, que neste pase só estará aberto a aqueles que o apoiaron para que fose posible. En próximas datas, proxectarase para todo o público.